Skip to content Skip to footer

Ángela Fraga recibe o premio de gañadora do XI Certame de Debuxo da Natureza ‘Vida Silvestre do encoro de Cecebre’ que promove o GN Hábitat da man da Cátedra Emalcsa-UDC e que volveu ser un éxito de participación

O domingo 4 de marzo celebrouse na Casa da Auga o acto de entrega do XI Certame de Debuxo da Natureza ‘Vida Silvestre do encoro de Cecebre’, unha iniciativa desenvolvida polo Grupo Naturalista Hábitat da man da Cátedra Emalcsa-UDC (no marco do seu programa Coawa), e coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Foi numeroso o público que se deu cita na Casa da Auga para asistir á entrega de premios. Na categoría de maiores de 14 anos resultou gañadora Ángela Fraga García cunha ilustración do Limax maximus (Lesma leopardo). Ángela recibiu o diploma que a acredita como gañadora nesta categoría de mans de Noemí Díaz Vázquez, concelleira de Medio Ambiente do Concello da Coruña. O segundo posto foi para Ainara Naveira Carballo cun debuxo da Colletes hederae (Abella da Hedra). Ricardo Ferreiro, presidente do Grupo Naturalista Hábitat, entregoulle o seu diploma. Por último, Lucía Martelo García, cunha ilustración da Amanita muscaria (Rebentabois), foi terceira e recibiu o seu galardón de mans de Ricardo Vázquez, director de I+D+i de Emalcsa. Ademais dos seus diplomas, os tres primeiros clasificados recibiron 150, 100 e 50 euros, respectivamente, e diferentes agasallos. Na entrega de galardóns tamén estivo presente José Antonio Santiso, presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Nesta categoría de maiores de 14 anos premiáronse 10 obras más correspondentes aos gañadores/as na súa especie.

  • Lorena López Antelo: Quercus pyrenaica (Cerquiño).
  • Candela Barbero Villar: Crocus serotinus (Tollemerendas).
  • Marta Alvarez Lopez: Hedera hibernica (Hedra femia).
  • Adriana Bellunghi Candal: Vanessa atalanta (Feiticeira común).
  • Kobba Martinez Abad: Macrothylacia rubi (Avelaíña raposo).
  • Ana Ordóñez Otero: Zoropsis spinimana (Araña de pés espiñosos).
  • Elisa Grande García: Lissotriton boscai (Pintafontes común).
  • Mª Isabel González Díaz: Luscinia svecica (Papoazul).
  • Mariña Aparicio Castro: Platalea leucorodia (Cullereiro).
  • María Carmen Maceiras Freire: Limosa limosa (Mazarico de rabo negro).

O xurado deixou desertos os premios nas especies Blechnum spicant (Fenta), Spiranthes spiralis (Estrangurria do outono) e Oryctolagus cuniculus (Coello bravo).

Menores de 14 anos

Na categoría de menores de 14 anos estes foron os 14 gañadores en cada especie:

  • Rodrigo Vidal Suárez: Amanita muscaria (Rebentabois).
  • Zoe Méndez Martín: Quercus pyrenaica (Cerquiño).
  • Alexia Castro Riádigos: Blechnum spicant (Fenta).
  • Claudia Vázquez Carballeira: Crocus serotinus (Tollemerendas).
  • Fátima Colino Chapa: Spiranthes spiralis (Estrangurria do outono) .
  • Martina Valerio Tena: Colletes hederae (Abella da hedra).
  • Carmen Cernadas Otero: Vanessa atalanta (Feiticeira común).
  • Brais Rey Perez: Macrothylacia rubi (Avelaíña raposo).
  • Mariana Cillero Maneiro: Limax maximus (Lesma leopardo).
  • Elba Cebral Rivas: Zoropsis spinimana (Araña de pés espiñosos).
  • Matías Sanluis Rodríguez: Lissotriton boscai (Pintafontes común).
  • Sabela Fernandez Souto: Luscinia svecica (Papoazul).
  • Sainza Maceiras Villarino: Platalea leucorodia (Cullereiro).
  • Santiago Vidal Suárez: Oryctolagus cuniculus (Coello bravo).

Todos eles recibiron un lote de agasallos.

Nas vindeiras semanas todas as obras presentadas ao certame poderanse visitar na sala de exposicións virtual de Emalcsa.