Skip to content Skip to footer

A Cátedra ten unha clara intención multidisciplinar, polo que está adscrita á VICEREITORIA DE POLÍTICA CIENTÍFICA, INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA. Deste xeito está operativa en todo o ámbito de coñecemento da UDC.

A Cátedra EMALCSA-UDC conta cun modelo de goberno adaptado á súa finalidade de acadar os ambiciosos obxectivos desenvolvidos durante a súa primeira fase (2017-2020), baixo a dirección do doutor Joaquín Suárez, quen levou a cabo e estableceu o marco DUSA.

hoja-sobre-mesa_oscura
planificacion

ÓRGANOS DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA

Para a planificación de actividades e control.

Dirección Cátedra

Ostenta a máxima representación da Cátedra e é a derradeira responsable de todas as actuacións, incluída a económica sobre os recursos asignados á Cátedra tanto desde EMALCSA como dende a UDC ou de terceiros que colaboren. A competencia no nomeamento do director é da UDC, quen nomeou en xullo de 2021 ao catedrático de Física-Química, Dr. Moisés Canle López.

Secretaría e xestión

Actividades auxiliares desenvolvidas pola FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA, entidade da UDC que presta servizos de control económico, seguimento de proxectos e secretaría.

Gabinete de comunicación

Responsable da comunicación institucional, a xestión das redes sociais, o portal WEB, os boletíns de comunicación e a relación coa prensa.

Comité de seguimento

É o órgano de supervisión e control das actividades da Cátedra de acordo co regulamento das Cátedras.

Coordinadores liña de investigación

A cátedra distribúe a súa actividade investigadora en plans que agrupan iniciativas de organización da investigación e que están liderados por investigadores de recoñecido prestixio.

Comité Científico-Técnico (CCT)

Órgano colexiado, creado especificamente nesta cátedra, e que está destinado a garantir a calidade e orientación das actividades, así como a promover as relacións internas entre colectivos e centros da UDC, recoller demandas. de EMALCSA para a súa configuración como proxectos específicos dentro dos diferentes programas abertos e promover a difusión e coñecemento das actividades.

O comité ten unha composición variable, e na actualidade conta con 13 membros:

  • 9 representantes de diferentes ámbitos de coñecemento da UDC, seleccionados polo Director da Cátedra para cubrir o ámbito de necesidades das actividades da Cátedra.
  • 4 técnicos das principais áreas de actividade de EMALCSA, que representan os distintos ámbitos de coñecemento da empresa e canalizan as actividades a outros niveis, seleccionados pola Dirección Xeral da Empresa.
wangxi_09_04_2022_91
gestion

ORGANOS DE XESTION E PLANIFICACION OPERATIVA

ORGANIZACIÓN

Os diferentes órganos de goberno funcionan de acordo co esquema adxunto, onde se integra a estratexia de traballo en materia de I+D+i, e establece dous tipos de actuacións, institucionais, fundamentalmente relacionadas coa difusión e a promoción, e acción de I+D+i, na que se integran as liñas estratéxicas establecidas mediante plans, xunto coas infraestruturas de investigación que se foron creando ao longo dos anos no ámbito da relación entre EMALCSA e a UDC.