Skip to content Skip to footer

O Marco DUSA

DESENVOLVEMENTO URBANO SENSIBLE Á AUGA

Para desenvolver o obxectivo estratéxico propóñense dúas áreas de traballo:

  • Reforzar e establecer mecanismos de colaboración entre o persoal investigador de EMALCSA e da UdC nos diferentes ámbitos que apoian as estratexias de sostibilidade (ambiental, social e económica) aplicadas aos recursos hídricos.
  • Avanzar na definición de estratexias e metodoloxías para a aplicar os principios da XESTIÓN INTEGRADA DO RECURSO HÍDRICO NO SISTEMA HÍDRICO URBANO en diferentes contextos xeográficos, sociais e económicos.

Como elemento característico e diferenciador, a Cátedra asume o marco metodolóxico DUSA (Desenvolvemento Urbano Sensible á Auga), como guía para establecer a prescrición básica en canto á orientación de iniciativas e actividades.

A orixe do DUSA está ligada ás novas tendencias internacionais que buscan formas de interpretar a relación entre o medio urbano de consumo e o medio natural que abastece os recursos. O Grupo GEAMA, adscrito á Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña, leva anos investigando nesta materia e desenvolveu un marco que cambia o paradigma dos modelos tradicionais de xestión da auga.

O DUSA supón un enfoque disruptivo cunha visión lineal ou circular da xestión da auga e que propón unha orientación orgánica, cunha visión sistémica, na que os diferentes elementos que conforman a xestión da auga diaria se caracterizan e se integran nun SISTEMA DE AGUA URBANO, no que se clasifican as augas polos seus distintos usos e orixes, para procurar a mellora e aplicación dos piares DUSA nas zonas de conexión entre os distintos tipos de auga.