DUSA: Desenvolvemento urbano sensible á auga
En setembro de 2017, tras moitos anos de intensa colaboración, EMALCSA e a UDC acordaron “institucionalizar” a súa relación creando unha Cátedra Empresarial, figura regulada por un acordo do Consello Social da UDC.
A Cátedra está adscrita á VICEREITORIA DE POLÍTICA CIENTÍFICA, INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA, que determina a visión dunha actividade transversal en todo o ámbito universitario.
En 2021 a universidade e EMALCSA acordan estender a colaboración mediante a sinatura dun novo convenio, que da un maior pulo institucional e produtivo á cátedra mediante a achega anual de 170.000 euros, ata o ano 2024.
O obxectivo estratéxico da Cátedra EMALCSA-UDC é Organizar a investigación e transferencia no ámbito dos sistemas urbanos de auga, con todas as súas implicacións técnicas, económicas e sociais, para o desenvolvemento dunha estratexia de xestión da auga urbana adaptada e sostible. contexto da Comunidade Autónoma de Galicia.