Skip to content Skip to footer

Casa da Auga

A Cátedra EMALCSA-UDC ten a súa sede na Casa da Auga da Coruña, un edificio senlleiro que alberga actividades relacionadas coa auga e o medio ambiente, e que tamén é a sede institucional de EMALCSA.

A sede da Cátedra configúrase como un espazo aberto onde debater e propoñer iniciativas relacionadas co marco de desenvolvemento dos seus obxectivos.

Ademais, contamos coa infraestrutura da CASA DA AUGA para reunións e seminarios.