Skip to content Skip to footer

Traballamos por unha sociedade colaborativa

A auga é un elemento básico da vida en todas as súas expresións. A súa presenza é garantía de saúde e benestar sempre que a cantidade e a calidade sexan suficientes.

Vemos o recurso como parte dun sistema, onde a natureza e a actividade humana atopan un equilibrio para manter a saúde do medio natural como salvagarda para a vida.

Formamos unha alianza que establece os paradigmas dun novo modelo de xestión da auga en contornas urbanas, denominado DUSA (Desenvolvemento Urbano Sensible á Auga).

Responsabilidade e coñecemento

A responsabilidade de EMALCSA e o coñecemento da UDC únense para mellorar a relación da sociedade coa auga, sempre centrada na mellora das condicións de vida dos cidadáns pero coa sostibilidade como guía.

Investigación e desenvolvemento

Atrévete a propor solucións

A Cátedra é unha canle onde se dialogan entre os distintos actores do sistema de augas urbanas da Coruña. Co marco DUSA como elemento estratéxico, propóñense retos para que os diferentes axentes do ámbito da investigación e as empresas poidan propoñer as súas solucións.