A Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR), asociación sen ánimo de lucro formada polos Grupos de Desenvolvemento Rural, cuxo obxectivo é promover un modelo de desenvolvemento rural integral e sostible, poñer en valor a importancia do rural e mellorar a calidade de vida da poboación que habita nel, considera que o Aqua Plann no que participou Emalcsa unha das mellores iniciativas de boa xestión dos recursos hídricos realizadas a nivel local.
Así o reflicte na campaña Tic-Tac, a auga é finita, unha iniciativa financiada polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 que se propón incitar á reflexión individual, colectiva e corporativa sobre o uso sostible dos recursos hídricos a nivel nacional e global, subliñando a urxencia de cumplir os obxectivos da Axenda 2030, en particular o número 6: Auga Limpa e Saneamento.
Como parte da campaña figura un documento no que se expoñen 15 proxectos exemplares no que á boa xestión da auga se refire. Entre eles atópase o Aqua Plann, primer proxecto no que participou o área de I+D+i de Emalcsa no que tamén interviñeron o Concello de Abegondo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras-Augas de Galicia e a Consellería de Medio Rural e do Mar. Financiado en boa medida pola Comisión Europea a través do programa Life+, desenvolveuse entre 2010 e 2013 e o seu obxectivo foi asegurar o bo estado ecolóxico das augas do encoro de Cecebre e a conca hidrográfica dos ríos Mero e Barcés, así como fomentar as boas prácticas no uso da auga por parte dos habitantes do territorio para, deste xeito, situar a zona de actuación na vangarda europea no que respecta á aplicación da Directiva Marco da Auga.
O AquaPlann xa recibiu en 2012 o Premio Medio Ambiente que concede a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA). Ademais, tamén en 2012, conseguíu un accésit no Premio á Sostibilidade de Pequenos e Medianos Municipios que concede cada ano o Congreso Nacional de Medio Ambiente.
Ademais do documento sobre proxectos exemplares do boa xestión da auga a nivel local, a campaña Tic-Tac, a auga é finita tamén inclúe unha interesante guía dirixida a particulares, empresas, organizacións e administracións públicas que aporta consellos para consumir a auga de xeito sostible.