A Cátedra Emalcsa-UDC, dentro do seu programa Coawa, a comunidade da auga, e Coca-Cola Europacific Partners, no marco do seu programa La Magia de Coca-Cola (en el que ofrece aos seus empregados dúas xornadas remuneradas anuais para dedicalas a actividades que xeneran un impacto positivo nas comunidades nas que está presente), organizaron o venres 27 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental no encoro de Cecebre para os empregados da multinacional na Coruña.
A xornada cumpríu o dobre obxectivo que se marcaba no que respecta á conservación do medio natural: por unha banda retirar do encoro de Cecebre especies invasoras vexetais como o Cyperus eragostris; e por outra retirar refugallos da lámina de auga do encoro procedentes de arrastres. Ámbalas dúas accións, que se desenvolveron entre as 9.30 e as 13.30 horas, estiveron dirixidas por naturalistas do Grupo Naturalista Hábitat, entidade que colabora coa Cátedra Emalcsa-UDC decote.
Coca-Cola Europacific Partners evidenciou de novo a súa implicación nos retos medioambientais do noso tempo, algo que ven demostrando non so con accións como esta de voluntariado ambiental, senón tamén con outras iniciativas como o programa Mares Circulares, que en 2023 celebrou unha xornada científico-técnica na Coruña que contou coa participación da Cátedra Emalcsa-UDC.
Para Coca-Cola Europacific Partners é fundamental apoiar iniciativas que constribúen ao desenvolvemento local e á protección dos ecosistemas presentes na nosa contorna. A preocupación polos principios ASG —ambientais, sociais e de gobernanza— é un pilar fundamental da súa estratexia de sostibilidade, bautizada como This is forward, que, a través da acción social, neste caso en forma de voluntariado corporativo, pretende mellorar a vida das persoas.
Pola súa banda, a Cátedra Emalcsa-UDC aproveitou a xornada de voluntariado para poñer en valor o seu programa de divulgación ambiental Coawa, unha iniciativa que busca achegar á sociedade a importancia do mundo da auga dende unha visión integrada co medio ambiente e as persoas nun eido medioambiental próximo, no noso caso o vencellado ao sistema de auga urbano da contorna da Coruña, que comprende a conca do río Mero e o abastecemento dos concellos da Coruña, Culleredo, Cambre, Arteixo, Bergondo, Oleiros, Sada e Carral, o que supón máis de 400000 persoas abastecidas.