Skip to content Skip to footer

Emalcsa patrocina un desafío no congreso Mundos Dixitais que busca unha imaxe dixital que represente as solucións que a tecnoloxía brinda para integrar xestión da auga e conservación do medio ambiente

Do 6 ao 8 de xulio celebraráse en Palexco (A Coruña) o XXI Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media ‘Mundos Dixitais’, un evento de referencia mundial sobre animación e novas tecnoloxías de visualización e creación de contidos dixitais.

No marco do congreso desenvolveránse numerosas actividades entre as que figura unha patrocinada por Emalcsa en colaboración con Notodoanimación.es que, baixo o nome de ‘Challenge MD: a auga e a tecnoloxía’, plantexa a creación dunha obra dixital orixinal que represente as solucións que a tecnoloxía brinda para integrar a xestión da auga e conservación do medio ambiente.

A convocatoria para participar neste desafío xa está aberta, de xeito que todos os interesados poderán enviar as súas obras até as 23.59 horas do 2 de outubro. A presentación destas realizarase online a través do formulario que figura na web de Mundos Dixitais.

Como figura nas en bases do challenge, as obras que se presenten a concurso poden ser ilustracións, debuxos, renders ou calquera outra técnica de creación dixital. Non se admitirán obras xeneradas con sistemas de Intelixencia Artificial, xa sexa parcialmente ou na súa totalidade. Mundos Dixitais resérvase o dereito de solicitar aos participantes os arquivos de creación da obra dixital e/ou imaxes de diferentes fases da creación da obra con fin de verificar a súa autenticidade, a súa orixinalidade e as técnicas de creación empregadas.

A presentación da obra seguirá as seguintes especificacións:

  • XPG, TIFF ou PNG.
  • Formato 16:9.
  • Tamaño máximo do ficheiro: 16 MB.
  • Resolución mínima: 1920×1080 (150 ppp).

Para facilitar as tarefas de selección do gañador as obras non poderán incluir ou conter ningún tipo de información ou distintivo que identifique ou facilite a identidade do autor da mesma. Así mesmo non poderán figurar referencias a marcas comerciais de xeito visible, agás do texto ‘Mundos Dixitais’. As obras que non cumpran estes requisitos non se terán en conta.

O premio para a obra gañadora consiste en:

  • 2 pases completos para Mundos Digitais 2024
  • Voos nacionais de ida e volta para dous personas para asistir a Mundos Dixitais 2024
  • 3 noites de hotel (4 estrelas) para 2 personas na Coruña para asistir a Mundos Dixitais 2024.