Skip to content Skip to footer

A convocatoria dos IV Premios Cátedra Emalcsa-UDC, dirixidos a estudantes que defenderan os seus TFM vencellados á auga en titulacións da UDC nos cursos 22/23 ou 23/24, abrirase en outubro

A Cátedra Emalcsa-UDC abrirá o vindeiro 1 de outubro a convocatoria da cuarta edición dos seus premios, uns galardóns dirixidos a estudantes que defenderan con éxito o seu Traballo Fin de Máster (TFM), relacionado coa auga, en titulacións da Universidade da Coruña nos cursos académicos 2022/2023 ou 2023/2024.

A temática dos traballos deberá ter relación cos sistemas de auga urbana e estar encadrada no ámbito DUSA (Desenvolvemento Urbano Sensible á Auga), que busca integrar os elementos do sistema de auga urbana co desenvolvemento urbano e a xestión da conca fluvial para maximizar os beneficios económicos, sociais e ambientais. Neste sentido os traballos poden abarcar temáticas diversas, dende a auga en orixe até o consumidor, incluíndo estudos ecolóxicos, caracterizacións fisicoquímicas, sistemas de distribución, avances tecnolóxicos, ou percepción social, entre outros.

O premio ao mellor Traballo Fin de Máster terá unha dotación económica de 1000 euros. Así mesmo poderánse conceder até dous accésit de 500 euros se o xurado así o considera.

O xurado estará formado por membros do Comité Científico-Técnico da Cátedra Emalcsa-UDC. A súa composición anunciarase antes do peche da convocatoria.

Como en edicións anteriores, a presentación de traballos realizarase por medio dun formulario web. O data límite para o envío de candidaturas será o 30 de novembro.

Velaquí podedes consultar as bases destes IV Premios Cátedra Emalcsa-UDC.